Ás veces, na escola, ocorren cousas que semellan máxicas. Hoxe, de súpeto, escoitamos un son que resoaba polos corredores: tambores! Un rastro acústico que nos atrapou e nos levou, sen decatarnos, ata o seu foco. Seguímolo como se fose unha chamada ancestral, unha sorte de Frautista de Hammelin, pero con percusión no canto de melodías de vento.
Cando chegamos, atopámonos co
profesor Xoel e un grupo de compañeiros traballando co ritmo e a percusión,
mergullados nunha enerxía vibrante que lembraba os ritmos de Guinea, onde a
tradición do djembe marca o pulso da comunidade e acompaña danzas que
celebran a vida. Aquela cadencia atrapounos, hipnotizounos, e sentimos a
tentación de deixarnos levar polo movemento, como nunha danza tribal, non da
choiva (porque dela xa imos sobrados!), pero quizais unha que evocase a forza e
a celebración.
A experiencia foi un recordatorio
de que o ritmo é unha linguaxe universal, capaz de conectar culturas e
emocións. E nós, por un intre, sentimos que estabamos a viaxar sen movernos,
guiados pola forza da percusión. Que viva a música!