viernes, 27 de marzo de 2026

II Concurso de Fotografía Meteocristina

 Ola a todos e todas!

Xa temos aquí o resultado dunha das citas máis agardadas do curso. Despois de moito debater e desfrutar coas fantásticas imaxes que nos enviastes, por fin podemos anunciar as gañadoras do II Concurso de Fotografía sobre Meteoroloxía Meteocristina.
Este ano o nivel estivo polas nubes (e nunca mellor dito!), pero estas dúas capturas conseguiron conquistar ao xurado pola súa sensibilidade e beleza, as gañadoras son:
  • Carmen (1º ESO) coa súa fotografía titulada "Samil Enramado". Unha ollada diferente e chea de forza sobre a nosa paisaxe costeira.



  • Aldara (3º EP), que nos abraiou coa súa obra "Neve en Maceira", capturando á perfección a maxia do inverno na nosa terra.

Queremos darvos a noraboa a ambas polo voso talento e, por suposto, agradecer a todo o alumnado que participou demostrando que a ciencia e a arte sempre van da man.

lunes, 23 de marzo de 2026

O noso alumnado de 3º de EP na Reconquistiña de Vigo 2026!

Hoxe, luns 23 de marzo, Vigo volveu a viaxar no tempo ata 1809, e a nosa escola non quixo perder a oportunidade de formar parte desta historia. Un ano máis, participamos na  Reconquistiña de Vigo, o gran desfile infantil que serve como preludio escolar aos días grandes da Feta da Reconquista.




Desde primeira hora da mañá, os nosos alumnos e alumnas de 3º de Primaria convertéronse en pequenos milicianos e milicianas, e tamén franceses e francesas. Co son dos tambores marcando o paso, uníronse a outros preto de 2.000 escolares para percorrer as rúas máis emblemáticas do barrio histórico.




Unha xornada de tradición e convivencia
O percorrido levou á nosa "columna" desde a Praza do Rei cara ao corazón do Casco Vello, pasando pola Praza da Constitución e a Praza da Igrexa, ata culminar nunha grande festa na Praza do Berbés. Alí, puidemos desfrutar de música e baile tradicional, que pon o broche de ouro a este esforzo colectivo.

Participar na Reconquistiña non é só unha saída divertida; é unha forma viva de:
  • Aprender a nosa historia: Entender como Vigo se converteu na primeira cidade de Europa en expulsar ao exército de Napoleón.
  • Valorar o patrimonio: Percorrer e recoñecer os lugares onde sucederon os feitos históricos.
  • Identidade e cultura: Practicar os ritmos tradicionais galegos que levamos ensaiando estas semanas na escola.

Viva Vigo! Viva a Reconquistiña!

O Clima cambia... e ti?

 No noso cole decidimos pasar da reflexión á acción.

Partindo do mural "El clima cambia, ¿y tú?", cada alumno e alumna escribiu nunha pequena gota o seu compromiso persoal co planeta: reducir plásticos, aforrar auga, reciclar mellor, consumir de forma responsable...

Gota a gota, o noso planeta encheuse de intencións reais. Porque o cambio climático é global... pero o compromiso é individual.






#BibliotecaEscolar #PLAMBE # EducaciónAmbiental #ElClimaCambia #Compromiso #ODS #AprenderParaTransformar

viernes, 6 de marzo de 2026

Construíndo igualdade desde as nosas aulas

O 8 de marzo conmemoramos a loita das mulleres pola igualdade de dereitos e oportunidades. Este ano, o lema de Nacións unidas é "Os seus dereitos, o noso futuro, agora".


"Máis alá das manualidades e os lazos violetas, o 8 de marzo convídanos a botas a vista atrás e valorar o camiño persorrido. Recordamos ás pioneiras que loitaron polo voto, polo acceso á educación e por condicións laborais dignas. No noso centro, entendemos que a educación é a feramente máis potente para que as nnenas e os nenos de hoxe sexan os cidadáns que traballen en prol da igualdade no futuro".



"Este ano quixemos poñer o foco un ano máis, non só nas grandes figuras históricas, que tamén, cun montón de actividades feitas nas aulas e na biblioteca do centro, das que vos deixamos unha mostra nestas fotos; senon tamén das mulleres que temos preto: as nosas nais, avoas, amigas, irmás, veciñas, mestras... Elas son oo motor da nosa comunidade. A través da elaboración de marca páxinas feitos de cartolina, as nenas e os nenos descubriros historias de esforzo silencioso que moitas veces pasan desapercibidas, dándolles o recoñecemento que merecen."



Tamén elaboramos este traxe coas imaxes dunha selección de mulleres exemplares e con marca páxinas cos seus nomes.
Rematamos esta xornada cunha mensaxe de esperanza. Ver ao noso alumnado reflexionar, respectarse e traballar man a man cada día, fannos confiar en que un futuro de plena igualdade é posible. Seguimos medrando, seguimos aprendendo e, sobre todo, seguimos camiñando xuntos e xuntas.
Grazas por todo o voso traballo, e a seguir así!


jueves, 26 de febrero de 2026

🌿 Unha aventura musical: Primaria visita a selva na Sala Ártika




O alumnado de Educación Primaria tivo o pracer de viaxar fóra das aulas para mergullarse nunha contorna moi especial. Visitamos a Sala Ártika de Vigo, un referente cultural na nosa cidade, para desfrutar da posta en escena de "O libro da selva: O musical".
Esta adaptación, levada ao escenario pola propia compañía Ártika Cía, ofreceunos unha visión fresca e vibrante do clásico de Rudyard Kipling. A través de cancións pegadizas e unha coidada escenografía, os nenos e nenas acompañaron a Mowgli nunha viaxe de aprendizaxe sobre a amizade, a lealdade e o respecto á natureza.
A experiencia na Sala Ártika, situada na Avenida da Beiramar, foi moito máis que unha simple saída escolar. Para moitos, foi unha oportunidade de conectar co teatro profesional nun espazo próximo e acolledor, reforzando valores que traballamos a diario no cole:
  • Convivencia: Compartir unha xornada de lecer e cultura con todos os compañeiros de etapa.
  • Educación emocional: Identificarse cos desafíos de Mowgli fronte ao implacable Shere Khan.
  • Lingua: Gozar dun espectáculo de gran calidade interpretado integramente en galego.

📸 Queredes ver como o pasamos?

Aquí tendes algunhas imaxes dos nosos pequenos e pequenas exploradores na súa expedición teatral.



Grazas a todo o equipo da Sala Ártika pola súa fantástica acollida!