jueves, 24 de octubre de 2024

UNHA XORNADA DE TIMONELES E GRUMETES...

 Esta semana, os alumnos de Santa Cristina visitaron o porto de Vigo dentro do proxecto de coñecemento da nosa cidade. Durante a visita, os rapaces puideron observar de preto como funciona un dos portos máis importantes de Europa, aprender sobre a pesca, o comerciomarítimo e o movemento de mercadorías.

Ao voltar ao colexio, están xa traballando en proxectos que reflicten o aprendido, conectando o seu traballo na aula co descubrimento directo deste espazo clave para a vida en Vigo.