Os nenos e as nenas participaron
en xogos, realizaron o tradicional desfile de disfraces e bailaron ao son da
música, desfrutando moito desta festa tradiconal galega. Ademais, foméntase a
aprendizaxe das tradicións e lendas galefas, o que enriquece a nosa cultura
local.
Esta festa no colexio Santa
Cristina é unha celebración chea de maxia e tradición, que permite ao alumnado
aprender sobre a cultura galega de xeito participativo e divertido. Durante
esta festividade, as aulas transfórmanse en espazos temáticos decorados,
empregando elementos típicos como os cabazos, as follas secas e outros
elementos do outono e das lendas celtas.
Actividades
destacadas:
- Cabazos: Exposición de cabazos decorados no Mercado do
Calvario.
- Decoración: os alumnos participan na
creación de decoracións, pintando cabazos ou elaborando guirnaldas, entre
outras cousas. Isto fomenta a creatividade e o traballo en equipo.
- Disfraces: organízase un desfile de
disfraces, onde os nenos e as nenas chegan vestidos de personaxes
relacionados co Samaín, como pantasmas, bruxas ou seres mitológicos. Isto engade un aire festivo e
divertido á xornada.
- Túnel do terror: lévase a cabo unha actividade
de colaboración entre todo o alumnado onde acontecen os sustos máis
terrorríficos.
- Cantina: de productos típicos desta
data.
- Conxuro: escenificación do conxuro da
queimada.
O Samaín no colexio non é únicamente unha oportunidade para divertirse, senon
tamén para conectar aos estudantes co seu patrimonio cultural e aprender sobre
o respecto ás tradicións.