martes, 19 de mayo de 2026

🌸 O noso Cole "florece": Celebramos os Maios na Igrexa 🌸

 Xa chegou a primavera ao noso colexio! Durante os últimos días, o colexio convertéuse nun auténtico taller creativo. Alumnado de tódolos cursos, dende os máis pequenos ata os maiores, sumouse para facer realidade unha das nosas tradicións galegas máis fermosas: Os Maios.

🌿 Traballo en equipo e moita cor
Con moita ilusión, cubrimos a estrutura con fiuncho, e decorámolo con flores de cores que foi traendo o alumnado ou collendo no colexio. Non faltaron tampouco as coroas de cascas de ovo, que lle deron o toque final ao noso "maio". Foi unha experiencia xenial traballar unidos para darlle a benvida ao bo tempo!
⛪ Do Cole ao Adro da Igrexa
O momento culminante chegou a mañá do venres. En procesión, levamos o maio dende o colexio ata o adro da igrexa. Alí quedou exposto para que toda a veciñanza puidera admirar o noso traballo.
🎶 Música, ritmo e coplas por clases
Unha vez situados no adro, comezou o gran espectáculo musical. Os nenos e nenas, agrupados polas súas respectivas clases, foron os grandes protagonistas ao cantar cadansúa estrofa dunha simpática canción. Con moito ritmo, enxeño e alegría, as coplas encheron o ambiente e fixeron gozar a todos os presentes. Artistas da cabeza aos pés!
Esta festa non só é cor, tamén é cultura. Coa construción do maio e a memorización da canción, aprendemos a importancia de valorar as nosas raíces.
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración achegando materiais e acompañándonos nesta andaina.
Viva a primavera e vivan os Maios!