martes, 3 de febrero de 2026

Carreira Solidaria "Save the Children"

 Os nosos pasos cambian o mundo! Carreira Solidaria pola Infancia 🏃‍♂️✨

Neste colexio pensamos que a educación vai moito máis alá dos libros, vívese cada día co compromiso, o respecto e a empatía como valores centrais de convivencia. Por isto, un ano máis, nos calzamos as zapatillas de deporte para participar na XXII Edición da Carreira Escolar "Kilómetros de Solidariedade" organizada por "Save the Children".


Por que corremos? 🌍
Neste curso 2025-2026, o noso esforzo céntrase en: loitar contra a desnutrición infantil e garantir que todos os nenos e as nenas, con independencia de onde nazan, teñzan acceso á saúde, educación e protección. 




Unha lección de vida
A través desta actividade, traballamos na aula a cultura da paz e os Dereitos da Infancia. Queremos que o noso alumnoado se sinta protagonista do cambio e comprendan que, aínda que son pequenos, a súa solidariedade ten unha forza transformadora enorme.
¡Grazas a todas as familias por sumarvos a este movemento! Porque se nos movemos, o mundo móvese.