Xa remata o primeiro trimestre e, con el, chega o momento de facer unha pausa para celebrar e volvernos encher de enerxía.
Que grande peche de ano vivimos! O ximansio do colexio encheuse de cor, de música e de emoción coas actuacións deste curso. Dende os máis pequenos de Educación Infantil ata o alumnado de Secundaria coas súas coreografías e as súas panxoliñas tradicionais, todos demostraron que o espírito do Nadal está máis vivo que nunca.
Este 2025 deixounos grandes momentos de aprendizaxe nas aulas: retos superados, novas amizades e o crecemento constante do noso alumnado. Neste festival de Nadal, quer
emos que cada canción, cada sorriso e cada momento de nervios sexa un recordatorio do todo o que somos capaces de lograr cando traballamos xuntos.
Felices festas de toda a comunidade educativa do Colexio Santa Cristina!









