Este martes tivemos unha visita moi especial na clase dos Celtic Crew: os raperos Aligator e Zembriox achegáronse ao noso colexio para facer soar as palabras, rimar as ideas e espertar toda a nosa creatividade.
Fixéronnos
partícipes dun obradoiro de improvisación e freestyle, onde descubrimos que
o rap é moito máis ca música: é xogo, é reflexión, é ritmo… e tamén comunidade.
Aprendemos a soltar a palabra coa cabeza e co corazón, seguindo as súas
instruccións e improvisando con respecto e sentido.
Cada alumno e
alumna escolleu o seu aka, o seu nome artístico, e entramos de cheo nas
nosas propias batallas de galos, esas nas que as ideas chocan con forza
pero sen ferir. Celebramos as vitorias con aplausos e ruído, fixemos de xurado
e recoñecemos o talento do grupo, ese que os propios artistas destacaron antes
de marchar.
A reflexión é que,
ás veces na vida non atopamos respostas porque non nos fan as preguntas
axeitadas. E iso é tamén o rap: a arte de lanzar a pregunta xusta cando o
mundo se queda sen respostas.
Seguimos creando,
seguimos rimando.
Porque nesta
aula, a palabra ten poder.