jueves, 24 de octubre de 2024

OS EXPLORADORES DO MONTE DO CASTRO

Os alumnos de Santa Cristina exploran o Monte do Castro: unha xornada de historia e aprendizaxe en contacto coa natureza.


Onte, os alumnos e alumnas do colexio Santa Cristina tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia única no Monte do Castro, un dos lugares máis emblemáticos de Vigo. Esta visita didáctica, que combina historia, cultura e natureza, axudou ás estudantes a coñecer de primeira man a riqueza arqueolóxica e patrimonial que se agocha no corazón da cidade.

A visita comezou cun percorrido polos restos do antigo castro, onde os nenos e nenas puideron aprender sobre a civilización castrexa que habitou estas terras fai máis de dous mil anos. Co apoio dos nosos guías e docentes, descubriron como os castrexos construían as súas aldeas fortificadas e cal era o seu modo de vida. Unha das curiosidades máis destacadas foi entender a diferenza entre os castrexos e os celtas. Mentres que os castrexos eran os habitantes destas aldeas fortificadas (chamadas castros) que se atopan en Galicia e no norte de Portugal, os celtas fan referencia a un conxunto máis amplo de pobos europeos que compartían características culturais e lingüísticas. Así, puideron ver que non todos os celtas vivían en castros, pero os castrexos formaban parte da gran familia celta.

Trala lección de historia, os nosos alumnos tiveron tempo ara gozar das impresionantes vistas da cidade e da ría dende o cumio do monte.

A visita didáctica foi moito máis ca un simple paseo. Ao regresar ao colexio, os neno e nenas non só compartiron a experiencia, senón que xa están a traballar en poxectos ligados á experiencia. Ademais tentamos continuar fomentando o sentido de pertenza e o respecto polo pasado.

Sen dúbida, foi unha xornada chea de aprendizaxes.