jueves, 2 de febrero de 2023

PREPARANDO O ENTROIDO

Como todos sabedes o noso centro disfruta das actividades que realizamos de preparación do entroido, pero este ano contamos cunha axuda extra. Este ano vamos a coñecer todas as figuras e personaxes típicos do entroido galego, polo que cada clase está a traballar para coñecer a fondo as diferentes tradicións e a súa importancia para a cultura de cada unha delas.

E comezamos cunha visita moi especial, grazas a asociaición Fulións Rurais Viana do Bolo e ACF O Fiadeiro, puidemos coñecer de primeira man a traxe tradicional de Viana do Bolo.

Os alumnos quedaron sorprendidos por tanto cor e o aspecto do propio traxe, que resultou ser moito máis do que esperaban.

Toda a comunidade educativa puido apreciar todos os pequenos matices.

Grazas a Alan por colaborar vestindo este traxe tan especial e grazas  as dúas asociacións que fixeron isto posible.