lunes, 30 de enero de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Outro ano máis, o alumnado do noso centro púxose mans a obra nunha xornada repleta de actividades para conmemorar unha data tan especial: "DÍA DA PAZ"

- Realizamos un mural, no que toda a comunidade educativa puxo o seu graniño de area en forma de man. 





- Fixemos unha carreira solidaria participando coa ONG Save the Children. Este ano a carreira celebrouse na nosa rúa grazas a colaboración dos policías e gardas civis. Foi todo un éxito,  e os rapaces o pasaron en grande¡¡¡¡

Dende os máis cativos ata os máis maiores quixeron participar e demostrar a importancia da implicación. Todos animamos os participantes, que pese ao frío, deixaron o listón moi alto para os próximos anos. 



Todos os participantes da carrera solidaria fixeron pequenas aportacións económicas, que serán doadas a esta ONG.


En cada un dos blogs dos correspondentes cursos tedes fotos dos nosos alumnos e dos seus compañeiros, para que poidades ver de forma máis específica o súa implicación. Esperamos que vos guste¡¡¡

Os deixamos unha pequena reseña do que foi para nos.