
SUMANDO MOMENTOS, CREANDO VALORES

Este mércores os nenos e nenas do colexio puideron participar nunha carreira fantástica e inesquecible para algúns e algúnhas que lograron superarse a si mesmos a través do esforzo.
Grazas unha vez máis ao programa XOGADE por darnos esta oportunidade de desfrutar do deporte deste xeito tan intenso, emocionante e divertido, porque o pasaron xenial!
Moitas grazas ás bibliotecarias, foi un placer volver a traballar con elas.
Samaín é unha festa antiga, de orixe celta, que marca o final da tempada de
colleitas e o comezo do inverno; celébrase na noite do 31 de outubro.
Creíase que nesta data os mundos dos vivos e dos mortos conectábanse,
permitindo aos espíritos dos falecidos regresar.
As celebracións soían cincluir o encendido de fogueiras ou candeas para
afastar aos malos espíritos, disfrazarse para non ser recoñecidos por eles e
deizar ofrendas de comida nas portas das casas. Estas tradicións son a orixe da
festividade moderna de Halloween.
Esta é unha pequena mostra da fantástica participación de Clara e Yasir, dous alumnos de
5º
EP, que nos agasallaron recitando o conxuro popular da queimada.
Este conxuro recítase mentres se queima a augardente da queimada tradicional galega, co
gaio de afastar aos malos espíritos e purificar a
tódolos presentes.
O conxuro comeza invocando criaturas e elementos da mitoloxía galega como son
os
"Mouchos, coruxas, sapos e bruxas", despois fai referencia a diversos elementos
negativos mitolóxicos "Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas", despois o
conxuro busca a purificación e a protección "E cando este brebaxe baixe polas nosas
gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento."
Moitas grazas, foi moi emocionante!