Samaín é unha festa antiga, de orixe celta, que marca o final da tempada de
colleitas e o comezo do inverno; celébrase na noite do 31 de outubro.
Creíase que nesta data os mundos dos vivos e dos mortos conectábanse,
permitindo aos espíritos dos falecidos regresar.
As celebracións soían cincluir o encendido de fogueiras ou candeas para
afastar aos malos espíritos, disfrazarse para non ser recoñecidos por eles e
deizar ofrendas de comida nas portas das casas. Estas tradicións son a orixe da
festividade moderna de Halloween.
Esta é unha pequena mostra da fantástica participación de Clara e Yasir, dous alumnos de
5º
EP, que nos agasallaron recitando o conxuro popular da queimada.
Este conxuro recítase mentres se queima a augardente da queimada tradicional galega, co
gaio de afastar aos malos espíritos e purificar a
tódolos presentes. 
O conxuro comeza invocando criaturas e elementos da mitoloxía galega como son
os 
"Mouchos, coruxas, sapos e bruxas", despois fai referencia a diversos elementos
negativos mitolóxicos "Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas", despois o
conxuro busca a purificación e a protección "E cando este brebaxe baixe polas nosas
gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento."
Moitas grazas, foi moi emocionante!



