miércoles, 22 de febrero de 2023

ENTROIDO DO COLEXIO SANTA CRISTINA NO BARRIO DO CALVARIO

O pasado xoves, os alumnos do CPR. Santa Cristina, voltamos á rúa do Calvario para celebrar o Entroido2023 desfilando baixo o lema “A volta ao mundo Reciclando”.

O alumnado de E. Infantil levou un disfraz relacionado coa “Vida Submarina” (ODS nº 14) e o alumnado de E. Primaria en relación coa “Acción polo clima” (ODS nº 13). Aolongo do percorridofomos acompañados por alumnos /as de 2º ESO que, coas súas máscaras de Peliqueiros e Cigarróns, alegraron o noso desfile.

Foi unha actividade moi alegre e colorida como podedes apreciar nas fotografías.

Pasámolo moi ben!

Un agradecemento especial aos país e persoal de Protección Cívil que, acompañándonos ao longo de todo o percorrido, fixeron posible que esta saída se levara a cabo con total seguridade.



GALERIA DE IMAXES: https://photos.app.goo.gl/6ZPVBsv292CffP6o6