martes, 1 de noviembre de 2022

ATENCIÓN… QUE COMECE O DESFILE…🎃🎃🎃🎃😉😉😉

Durante a xornada do día 31 de octubro o alumnado non tivo momento alguno para estar aburrido, xa que cada un na súa aula tivo actividades, xogos, gymkanas de temática de samaín para poder disfrutar dos nosos disfraces .

Tamén durante a xornada de hoxe o alumnado de 4º da ESO organizou un túnel do terror no que o alumnado de primaria e secundaria puido participar. Fixéronno de morte e realmente o alumnado pasouno fenomenal.


Así mesmo, tamén organizaron unha cantina para que o alumnado do colexio colaborara con eles para poder recaudar fondos de cara a súa viaxe de fin de curso.


E finalmente chegou o momento dos desfiles, cada un de nos coas nosas mellores e terroríficas galas para facer honor o noso tradicional desfile no ximnasio. 


Pasámolo xenial e quedamos con ganas de volver repetir outro día tan especial.