viernes, 7 de octubre de 2022

XOGANDO COAS NOVAS TECNOLOXÍAS EN 4º DA ESO

 O alumnado de 4 º da ESO comezan este curso facendo unha incursión no mundo da realidade virtual coa axuda da aplicación RappChemistry e co uso dos seus móbiles ou tabletas dixitais na materia de Física e Química.



O alumnado traballou diferentes aspectos dos elementos químicos que aparecen na táboa periódica, puidendo facer unha viaxe virtual polo seu núcleo e coñecer de primeira man como están organizados os electróns, como se poden  realizar asociacións entre elementos químicos de distinta electronegatividades. 



Así mesmo, mentres confirmamos a través de exercicios de configuración electrónica, tamén puidemos  confirmar que a organización que fixo Mendeleive era correcta.