viernes, 6 de noviembre de 2020

CAMPAÑA “MÁIS PLURAIS, MÁIS LIBRES, MÁIS IGUAIS”

O centro CPR. SANTA CRISTINA únese  á CAMPAÑA,  MÁIS PLURAIS, MÁIS LIBRES, MÁIS IGUAIS, cara a unha escola realmente inclusiva con todos/as e para todos/as, tal como se fai hoxe en díaÉ unha campaña contra uns artigos da nova Lei de Educación (LOMLOE) que excluíu á comunidade educativa en toda a tramitación da Lei. 

 

Esta Lei de Educación supón unha imposición do modelo de educación único, estatal e laico que poñerá fin á pluralidade educativa actual, privando aos pais, nais ou titores legais do dereito a elixir a educación que desexan para que reciban os seus fillos/as.

 

O Colexio Santa Cristina defende unha escola inclusiva con todos/as e para todos/as. Unha escola plural e democrática na que poidamos ser máis iguais, máis plurais, máis libres.