Que alegría! O Entroido xa está aquí, e o Colexio Santa Cristina converteuse no corazón da festa! 🎭✨
Para que non se vos escape nada vamos a comezar repasado a semana desde o principio, pero a conclusión é que a rapazada pasouno en grande!
Aquí tedes algúns dos plans que fixemos este ano:
- Meco e Mandados: na entrada anterior hai unha mostra das ordes do Meco deste ano, non digo máis, pero os nenos estiveron entregados!
- Comparsa de Disfraces: este ano non como ben sabedes non piudemos saír de comparsa polo Calvario, pero como no cole non hai quen nos pare a Comparsa do Santa Cristina saíu pola Rúa Portela, O Porquiños e Os lobos, xunto cunhas alegres Carapuchiñas e uns tradicionais cabezudos pechando a comparsa, foron os protagonistas da rúa por uns intres.
- Gastronomía: Non hai Entroido sen filloas ou orellas. En todas as clases houbo merendola, porque os nenos e nenas trouxeron sobremesas caseiras e lambetadas para compartir cos seus amigos nestes días tan especiais.
- Música e Baile: Por útimo, pechamos co tradicional desfile e concurso de disfraces, onde o nivel deixou unha difícill elección ao xurado deste ano, porque estes nenos e nenas son uns artistas!
Como xa ven sendo tradicional, sorteamos unha cesta con produtos para a elaboración do tradicional cocido! Que rico!











