miércoles, 4 de junio de 2025

¡3, 2, 1… Batallón, batallón!

 

Este martes tivemos unha visita moi especial na clase dos Celtic Crew: os raperos Aligator e Zembriox achegáronse ao noso colexio para facer soar as palabras, rimar as ideas e espertar toda a nosa creatividade.

Fixéronnos partícipes dun obradoiro de improvisación e freestyle, onde descubrimos que o rap é moito máis ca música: é xogo, é reflexión, é ritmo… e tamén comunidade. Aprendemos a soltar a palabra coa cabeza e co corazón, seguindo as súas instruccións e improvisando con respecto e sentido.

Cada alumno e alumna escolleu o seu aka, o seu nome artístico, e entramos de cheo nas nosas propias batallas de galos, esas nas que as ideas chocan con forza pero sen ferir. Celebramos as vitorias con aplausos e ruído, fixemos de xurado e recoñecemos o talento do grupo, ese que os propios artistas destacaron antes de marchar.

A reflexión é que, ás veces na vida non atopamos respostas porque non nos fan as preguntas axeitadas. E iso é tamén o rap: a arte de lanzar a pregunta xusta cando o mundo se queda sen respostas.

Seguimos creando, seguimos rimando.

Porque nesta aula, a palabra ten poder.