martes, 25 de marzo de 2025

Os pequenos de 3º, á Reconquista da liberté


Hoxe, 25 de marzo, os nenos e nenas de terceiro de primaria percorreron as rúas de Vigo para conmemorar un logro importante da nosa cidade. Foi aló polo 1809 cando os vigueses botaron aos franceses. Foi un momento moi importante, porque Vigo foi a primeira cidade de Europa que conseguiu vencer aos exércitos de Napoleón.

Os nosos nenos e nenas foron caracterizados de época: algúns vestían como franceses e outros como galegos e galegas que defendían a cidade. Desfilaron polas rúas do centro e incluso houbo música e bailes.

É unha maneira moi divertida de aprender historia, e tamén de sentirnos parte da nosa cidade. ¡Estaban todos e todas guapísimos cos seus traxes!

Ao rematar, estes pequenos pecharon a celebración disfrutando dunha gran chocolatada con outros colexios.

Alumn@s de 6º EP