domingo, 9 de marzo de 2025

Día da Muller no colexio Santa Cristina



O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data moi importante para recoñecer e conmemorar a igualdade de dereitos, a xustiza e a equidade en todo o mundo.













Estamos nun momento para reflexionar sobre os logros acadados, pero tamén para visibilizar os desafíos que aínda persisten.















Moitas persoas e organizacións realizan actividades, marchas e eventos para honrar ás mulleres e promover un cambio positivo, e desde o colexio Santa Cristina quixemos sumarnos realizando uns marcadores conmemorativos coas nosas mulleres máis representativas en cada curso, dende infantil a secundaria.


Como puidestes ver fixeron uns grandes traballos!