ENLACES DE INTERÉS

viernes, 21 de febrero de 2025

Recital en homenaxe a Rosalía: a nosa voz, o noso legado

Hoxe, venres, adiantamos a celebración do Día de Rosalía, que oficialmente é o 23 de febreiro, cun recital moi especial en honra á nosa poeta máis universal.

Recitamos diferentes poemas, afondamos na súa obra e puxémonos a proba respondendo a esixentes preguntas de literatura. Falamos de representantes da lingua galega, española e inglesa, e axudáronnos a entender e poñer en valor o noso patrimonio cultural, convertendo esta xornada nunha auténtica festa da palabra e da identidade.

Porque Rosalía é moito máis que versos e saudade: é forza, liberdade e un legado que segue a inspirarnos. Xa sabedes, falamos da nosa Rosalía, a de Cantares Gallegos, non a do tra tra. A nosa non era cantante, pero se queredes escoitar sobre ela e mesmo unha versión cantada dun dos seus poemas, convidámosvos a visitar o podcast dos nenos e nenas de 4º, que co profe Dani renderon unha homenaxe moi especial.

E lembrade: “Quen é libre, nada pode conter a marcha dos seus pensamentos, e eles son a lei que rexe o seu destino.” Non o digo eu… palabra de Rosalía, a de Castro.