Hoxe, venres 28 de febreiro, vivimos unha xornada chea de
cor, festa e tradición coa gran festa do Entroido no noso colexio.
Durante toda a semana estivemos preparando os nosos disfraces e actividades
para celebrar esta data tan especial, e finalmente chegou o día grande!
Onte, comezamos as celebracións cunha homenaxe á figura do Merdeiro,
un personaxe tradicional do Entroido de Vigo. Realizamos un espectacular desfile
polo barrio do Calvario, onde os nosos disfraces chamaron a atención de
todos os veciños e veciñas. Foi un momento máxico no que todos participamos con
moita ilusión, desfrutando da música e do ambiente de festa, non faltou a canción
contra os labregos, unha das máis ensaiadas polas nenas e nenos co profe Dani , que
cantamos con forza para manter viva a tradición. Nin a froiteira se librou dos
cánticos.
Pero hoxe foi o día grande da celebración no colexio.
Tivemos unha deliciosa cantina chea de lambetadas, un concurso de
disfraces no que houbo moita creatividade e, por suposto, moita música e
baile! Felicitamos a todos os gañadores e gañadoras do concurso e
agradecemos a participación de todo o alumnado.
Desde a nosa clase, Celtic Crew, queremos desexar un feliz Entroido a todo o colexio! Que sigamos mantendo esta festa tan especial durante moitos anos máis! Viva o Entroido! 🎭🎉


