viernes, 28 de febrero de 2025

GRAN CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO NOSO COLEXIO!

 

Hoxe, venres 28 de febreiro, vivimos unha xornada chea de cor, festa e tradición coa gran festa do Entroido no noso colexio. Durante toda a semana estivemos preparando os nosos disfraces e actividades para celebrar esta data tan especial, e finalmente chegou o día grande!

Onte, comezamos as celebracións cunha homenaxe á figura do Merdeiro, un personaxe tradicional do Entroido de Vigo. Realizamos un espectacular desfile polo barrio do Calvario, onde os nosos disfraces chamaron a atención de todos os veciños e veciñas. Foi un momento máxico no que todos participamos con moita ilusión, desfrutando da música e do ambiente de festa, non faltou a canción contra os labregos, unha das máis ensaiadas  polas nenas e nenos co profe Dani , que cantamos con forza para manter viva a tradición. Nin a froiteira se librou dos cánticos.

Pero hoxe foi o día grande da celebración no colexio. Tivemos unha deliciosa cantina chea de lambetadas, un concurso de disfraces no que houbo moita creatividade e, por suposto, moita música e baile! Felicitamos a todos os gañadores e gañadoras do concurso e agradecemos a participación de todo o alumnado.

Desde a nosa clase, Celtic Crew, queremos desexar un feliz Entroido a todo o colexio! Que sigamos mantendo esta festa tan especial durante moitos anos máis! Viva o Entroido! 🎭🎉