Estes días recibimos a visita dunha persoa que
forma parte da Fundación ONCE ao noso colexio, isto foi unha experiencia moi
enriquecedora tanto para os estudantes como para o equipo docente en xeral.
Habitualmente, estas visitas teñen como obxectivo
sensibilizar aos nenos sobre a diversidade que existe no mundo e sobre a inclusión,
que é tan imprescindible para facer do noso un lugar mellor para vivir; así
como darlles a oportunidade de aprender sobre a vida das persoas con
discapacidade visual.
Durante a visita, a usuaria puido compartir a
súa historia persoal, falar sobre todos os desafíos que leva afrontado e como
logrou superalos. Tamén puido realizar actividades interactivas, como xogos que
simulan a experiencia da discapacidade visual, o que ayudou aos nenos a comprender
mellor a importancia da empatía e do respecto.
Ademais, esta visita fomentou un ambiente de
diálogo e preguntas, onde os estudantes puideron expresar as súas curiosidades e
aprender de maneira directa.
En resumo, foi unha oportunidade valiosa para promover a inclusión e a comprensión nas nosas aulas. Grazas Fundación ONCE por esta oportunidade!