miércoles, 27 de noviembre de 2024

Día da Non Violencia De Xénero

 O Día da Non Violencia de Xénero no colexio Santa Cristina foi unha xornada de reflexión e sensibilización sobre a importancia de erradicar calquera tipo de violencia, pero facendo fincapé na violencia baseada no xénero, promovendo o respecto, a igualdade e a convivencia pacífica entre todos os membros da comunidade.

Este día, celebrado o 25 de novembro, adícase a conmemorar ás víctimas da violencia de xénero, visibilizando esta problemática social e educativa, e sensibilizando aos estudantes e a toda a comunidade escolar sobre as consecuencias da violencia de xénero e a necesidade de erradicala.

Pasámolo moi ben formando parte das actividades que se levaron a cabo no colexio:

  • Elaboración de pulseiras: nos días previos elaboramos de xeito cooperativo por parellas, pulseiras coas cores conmemorativas deste día.



  • Mural: Coa coordinación do alumnado de 6º EP, elaborouse un mural no que participou alumnado de tódolos cursos de Educación Infantil e Primaria.

  • Cadea humana: Entre todo o alumnado do centro, das tres etapas, creamos unha cadea humana que percorría os corredores do colexio, simbolizando así a unión necesaria para rematar dunha vez por todas coa violencia.
  • Concerto: O alumnado de 2º ESO aos xilófonos, a alumna Antía de 6º EP acompañados polo mestre Daniel Lemos, agasalláronnos cun concertó que invitaba a reflexionar sobre o tema desta xornada, empregando a música como forma de expresión para sensibilizar sobre a importancia da igualdade e a non violencia.





Estes valores son fundamentais, polo que seguimos traballándoos durante todo o ano. Dende o centro tratamos de promover os valores de Respecto mútuo, xa que o feito de fomentar o respecto entre todos e todas, sen importar o xénero é fundamental; outro aspecto a tratar é o da Prevención e denuncia, ensinando aos estudantes a identificar sinais e situación de violencia e amosándolles como denunciala de xeito seguro. Outro aspecto fundamental no que incidimos é a Educación emocional, promovendo a empatía e as habilidades para a resolución de conflitos sen recurrir a violencia.

 

Esta xornada no só serve para sensibilizar sobre o tema, senon que tamén proporciona ferramentas para que os estudantes sepan como actuar ante situacións de violencia e como ser parte activa da solución.