O venres 14 de xuño celebramos a graduación das alumnas e alumnos de sexto de primaria.
Foi unha celebración moi emotiva, onde os discursos tanto da titora Isabel como das alumnas e alumnos emocionaron a todos os presentes. Entrega de diplomas e bailes cubriron unha gala repleta de emocións .