viernes, 24 de noviembre de 2023

NOVAS PANTALLAS DIXITAIS PARA O NOSO CENTRO

O noso centro recibiu unha subvención de 22.400€ que permitirá a dixitalización dun total de 8 aulas de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, mellorando así o seu acceso dixital.



A axuda, financiada pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU dentro da estratexia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá aproveitar os recursos tecnolóxicos para a mellora e avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensinanza e aprendizaxe a través da disposición tecnolóxica, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abrangue todas as competencias do currículo, e, neste caso, especialmente na competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.