O alumnado de Educación Primaria e Secundaria fixeron unha escapada ata a cidade da Coruña para coñecer a Domus e o Acuario.
Durante a nosa viaxe puidemos aprender moitísimas cousas sobre o corpo humano, como a sensibilidade da nosa nariz para recoñecer diferentes olores, a cantidade de auga que contén o noso corpo, a velocidade coa que somos capaces de chutar a porta en futbol... E logo no acuario coñecemos algunhas das especies típicas das nosas augas, así coma a importancia de coidar o mar para a supervivencia de moitísimos animais que dependen de que nos non contaminemos. Puidemos achegarnos ata o tanque das focas e ver como comían e facían exercicio. Durante as nosas visitas contamos coa guia de expertos que nos fixeron máis didáctica a nosa visita.FOI UN DIA MARABILLOSO DE CONVIVENCIA E APRENDIZAXE