Hoxe conmemoramos o día internacional da muller traballadora e no colexio levamos varias semanas preparando este día.
Cada curso de primaria e secundaria traballou e recoñeceu a importante labor realizada por diferentes mulleres na historia.
Así mesmo, as alumnas de 6º de Ed. Primaria fixeron un vídeo en inglés coa axuda dos seus mestres, para destacar a importancia de concienciar a sociedade de que non debe existir diferencias entre homes e mulleres.
Dende aquí dar as grazas a todas esas mulleres tan imporantes nas nosas vidas e no noso mundo.