O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a xornada do día contra a violencia de xénero realizado no auditorio Mar de Vigo.
Nas súas instalacións diversos institutos presentaban as súas propostas como puntos lilas fixos, estantes específicos nas súas bibliotecas... para que todo o alumnado poida ser coñecedor do que significa a violencia de xénero e como poder previla.
Durante o noso percorrido polos diversos stands tamén puidemos participar nalgunhas das actividades que tiñan como produto final a elaboración dunha frase contra este tipo de violencia. Aquí deixamos algunhas das primeiras fotos que se sacaron mentres o noso alumnado estaba adiviñando cal era unhas das frases.
Tamén valoramos o traballo de sensibilización realizados por moitos dos colexios da nosa contorna a través dos diferentes carteis e posters.
Así mesmo, dende a Concellería de Igualdade, ofrecéronnos multitude de actividades para poder traballar na aula e contribuir na prevención.
O acto terminou coa presencia do señor alcalde Abel Caballero,o cal participou nunha foto grupal con todos os centros que estabamos no acto.
Ao finalizar o acto, algúns dos nosos alumnos e a mestra Maitane foron entrevistados por periodistas da canle de televisión de Televigo.