miércoles, 24 de noviembre de 2021

O LIBRO “NENAZA Y CHICAZO”

Mañá celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e na Etapa de Educación Infantil e parte de Educación Primaria traballaron o libro “Nenaza e Chicazo”.

Un libro onde a Hugo gústalle unha actividade que a xente di que é de nenas. A Sara gústalle un deporte que a xente di que é de nenos. A xente di, a xente opina, pero… quen é “a xente”? Debemos facer caso ao que digan os demais? Debemos deixar que as opinións doutros nos inflúan? Debemos guiarnos polos nosos sentimentos? Sara e Hugo téñeno claro.