jueves, 25 de febrero de 2021

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte 24 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro, unha figura simbólica dentro da nosa cultura.

A súa presenza advertímola en moitos ámbitos: a literatura, a música, etc.

Durante a xornada de onte, lemos os seus poemas e escoitamos a artistas como Luz Casal ou Carlos Núñez que musicaron as súas composicións.

Achegámonos á súa biografía e á súa obra dun xeito lúdico e interdisciplinar, utilizando as artes plásticas e as tecnoloxías informáticas.

O alumnado de terceiro da ESO elaborou Kahoots e roscos ao estilo de Pasapalabra cos seus datos biográficos e literarios.

De este xeito, quixemos recoñecer a súa importancia literaria, artística, humana e social.

Aquí deixamos unha mostra dos traballos.

Agardamos que vos gusten!