Adxuntamos a Orde para vosa información.
O prazo comenza mañán 20 de maio e remata o 19 de xuño (Plazo del 20 de mayo al 19 de junio, ambos incluidos).
Para calcular a Renta per cápita, na renta do exercicio fiscal
2018, sumaranse a base imponible xeral (casilla 432) e a base imponible do
aforro (casilla 460).
Forma de presentación:
Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, os
cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e
unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o
número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de
presentación:
-
Presentación no centro: Neste caso imprimirán a
solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente
asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un
número pola aplicación)
-
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicial. Neste
suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará
de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
Documentación complementaria:
-
Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos
os membros computables.
-
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a
sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
do/a menor.
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade,
se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.