ENLACES DE INTERÉS

jueves, 26 de febrero de 2026

Versos con alma: A nosa homenaxe a Rosalía de Castro

 O alumnado de 4º e de 5º de Educación Primaria obsequiáronnos cun recital de poesía, para conmemorar a Rosalía de Castro.

O pasado luns 23 de febreiro, o noso colexio tinguiuse de poesía e sentimento para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, o alumnado de 4º e 5º de Primaria foi o gran protagonista, rendendo un emotivo tributo á figura máis universal das nosas letras.
Baixo o eco dos seus poemas, os escolares coa axuda do mestre Dani, converteron a biblioteca nun escenario cheo de sensibilidade. Recitaron algúns dos poemas máis emblemáticos de Cantares Gallegos e Follas Novas entre outros, demostrando non só unha gran memoria, senón tamén unha fonda comprensión dos valores de liberdade, xustiza e identidade que Rosalía defendeu sempre.
Esta actividade, impulsada para fomentar o coñecemento e orgullo pola nosa lingua, permitiu aos nenos e nenas do colexio achegarse á obra rosaliana dun xeito vivo e compartido. Velos declamar con tanto respecto e entusiasmo é a mellor proba de que a semente do seu legado segue a florecer nas novas xeracións.
📸 Non perdades a galería de fotos!
A continuación, deixamos unha escolma dos mellores momentos do recital. Parabéns a todos os participantes polo seu gran traballo! E grazas aos presentadores de secundaria, que coma sempre foron dunha grande axuda!