Veus Veus é unha compañía de
teatro que foi fundada en 1995 por actores, bailaríns e cantantes profesionais.
A Compañía Veus Veus está
totalmente dedicada ao teatro infantil e xuvenil.
Ao longo de todos estes anos fixeron
máis de 4.000 funcións.
Estimula
a creatividade e a imaxinación: ver como os actores e actrices dan vida a personaxes
e situacións axúdalles a pensar dun xeito máis creativo e a entender diferentes
perspectivas.
Fomenta
o desenvolvemento emocional: axudan a comprender diferentes emocións, tanto
propias como alleas, aprendendo a ser máis empáticos e a explorar os sentimentos.
Mellora
as habilidades lingüísticas: escoitar aos actores e actrices pode
enriquecer o vocabulario e fomentar o seu interese pola linguaxe.
Desenvolve
habilidades sociais: asistir a funcións teatrais en grupo ou con amigos permítelles
relacionarse, compartir opinións e falar sobre lo que viron.
Ensina
valores e reflexións: abordan temas importantes como a amizade, a solidariedade,
o respecto ou a xustiza, o que permite reflexionar sobre valores.
Fomenta
a concentración e a atención: El teatro precisa que os nenos e nenas presten
atención e sigan a historia, isto contribúe a mellorar a súa capacidade de
concentración e lles ensina a ser pacientes.
Conexión
coa cultura: o teatro reflicte a cultura, as tradicións e os valores de
diferentes sociedades. As nenas e os nenos poden aprender sobre outras épocas,
costumes e realidades, o que amplía a súa visión do mundo.
Por todo isto dende o Colexio Santa Cristina apostamos por
ir ao teatro, porque ofrece unha experiencia enriquecedora que vai máis aló do entretemento,
contribuíndo significativamente ao seu desenvolvemento integral.
O noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP; e 1º e 2º ESO tivo unha experiencia fantástica, e pasouno xenial unha vez máis, nesta sesión de teatro.